Principal
Publicaciones sobre setas
setas y su biografía
Comezou os seus estudos musicais na Banda de Música de Celanova e no Conservatorio de Celanova, onde xa apuntaba maneiras… aínda que ninguén podía imaxinar o nivel de destroyer que chegaría a alcanzar anos despois. Ao longo da súa carreira musical experimentou con todo tipo de estilos e proxectos. Formou parte de Anteos de Música Latina e participou en ENAK, un proxecto no que mesturaba blues e hip hop. Tamén recibiu formación en música latina, unha das súas grandes paixóns, e pasou por orquestras como Anagrama e Maquinaria Band, acumulando experiencia, repertorio e, probablemente, algunha que outra anécdota que é mellor non poñer por escrito. Despois dun tempo afastado dos escenarios, regresou á música coa Banda de Música de Ramirás. Pouco despois fundou Caliqueños, para finalmente volver á Banda de Música de Ramirás, demostrando que no mundo da música, como na vida, ás veces hai que dar varias voltas para acabar exactamente no mesmo sitio. Actualmente forma parte de Bandiños Band, onde achega experiencia, versatilidade e coñecementos no mundo da percusión. É un apaixonado da música latina, especialmente da salsa, e tamén do reggae, estilo que considera unha das súas maiores paixóns musicais. Pero se hai algo que realmente o define dentro de Bandiños, é o seu espírito destroyer.
Últimas formaciones de setas
Ver más →La formación actual de setas
Más sobre setas
setas en redes sociales
setas en el ranking
Próximas actuaciones de setas
Sin actuaciones próximas
Su agenda está tranquila. Vuelve más adelante.
Publicaciones sobre setas
Sin publicaciones
Aún no aparece en ninguna publicación.